Español |  English |  Galego  
 Consultoría Estratéxica  Solucións TIC  Clientes  Nosas oficinas  Eventos  Inicio   Area restrinxida  
 Consultoría Estratéxica
 Solucións a procesos

Para realizar unha boa análise estratéxica é importante analizar e coñecer os procesos dentro dunha organización para coñecer a súa estrutura e necesidades en melloras da xestión e novas estratexias de actuación.

 

É polo que en ASTRON CONSULTORES propoñemos solucións innovadoras e orientadas cara os resultados.

 

Dende a estratexia cara a implantación. A diferenza de outras consultoras realizamos, por unha banda, un seguimento paso a paso dende a concepción dunha solución ata a súa implementación e, por outra banda, mantemos un apoio continuo.

 

O noso obxectivo é crear solucións que aporten valor real e tanxible aos nosos clientes, polo que o noso esforzo diríxese a ordenar o negocio e os sistemas tecnolóxicos, conseguindo un rápido retorno da inversión e unhas solucións rápidas.

 

ASTRON CONSULTORES formou un cualificado equipo profesional para ofrecer un servizo de consultoría especializado e un completo respaldo na elección, deseño e implantación das solucións empresariais e sistemas de xestión máis axeitados ás necesidades específicas dos seus clientes.

 

Polo tanto, as solucións de Estratexia, Procesos e Transformación de Negocios de ASTRON CONSULTORES axudan ás empresas a mellorar o rendimento dos seus negocios e a súa eficiencia operacional. Axudamos aos nosos clientes dotándoos de metodoloxías, análises de mercado e ferramentas tecnolóxicas que lle serven para desenvolver unha estrutura, soporte de transformación dos procesos de negocio.

 

As solucións de Estratexia, Procesos e Transformación de Negocios poden axudar ás empresas a:

 

* Definir unha visión competitiva do negocio e crear un camiño a seguir para a súa implantación.

 

* Solventar todos os aspectos derivados da xestión de operacións e mellora do rendemento.

 

* Identificar e controlar todos os elementos de risco.

 

* Prover eficacia operativa que maximice a eficiencia e axude ás compañías a eliminar ou reducir custos.

 

* Implantar solucións que melloren o rendemento do negocio e da organización a través da aprendizaxe, a orientación, o desenvolvemento e a xestión de persoas.

 

Solicitar máis información
 Consultoría Estratéxica
    Proxectos Técnicos
    Estudos Económico-Financieiros
    Diagnoses Empresariais
    Recursos Humáns
    Comercio Exterior e Internacionalización
  · Cooperación con Latinoamérica
  · Encontros Empresariais
    Encontros Empresariais
    Mellora da Xestión
    Auditoria e adaptación á LOPD e LSSICE
    Solucións a procesos
    Elab. e tramit. de axudas e subvencións