A consultoría estratéxica aporta solucións globais encamiñadas a mellorar a situación global da empresa e incrementar os beneficios. O consultor estratéxico é o que coñece e se formou en todas as áreas da empresa, isto permítelle ter unha visión xeral dos problemas, e obter a súa solución global, dirixida a aquelas áreas que é preciso cambiar. En ASTRON CONSULTORES contamos cun grupo de profesionais da consultoría estratéxica, que traballamos ofrecendo solucións globais para as empresas. A nosa metodoloxía baséase na implicación total co cliente, o que facilita a comunicación e o intercambio de información para a realización das accións inherentes ao noso traballo: -Análise do Entorno. -Análise da Empresa e avaliación de todas as súas áreas e actividades (comercial, marketing, recursos humáns, produción, mercados exteriores, publicidade e promoción). –Análise económica-financieira. -Posicionamiento estratéxico. As nosas solucións para acadar os obxectivos previamente definidos, instruméntanse a través dun estudo, o plantexamento do Plan Estratéxico derivado dese estudo e a súa implantación. Comprometémonos na consecución dos obxectivos e resultados que nos marcamos, de aí que nos impliquemos no seguimento e realización de todas as accións previstas no Plan Estratéxico definido. |