Outra das nosas actividades é a elaboración e tramitación de expedientes de axudas e subvencións autonómicas, nacionais e internacionais.
As Administración co ánimo de fomentar principalmente o emprego, a inversión, a competitividade, a innovación, a mellora da calidade e o medio ambente, veñen publicando regularmente diferentes posibilidades de acceso a Axudas e Subvencións dos fondos públicos, en distintas modalidades (a fondo perdido, financiación,.). Para iso require dos posibles beneficiarios, o cumprimento dunha serie de requerimentos. Quen poida ser o beneficiario, prazos de presentación, ordes en vigor, etc..... son coñecidos por ASTRON CONSULTORES e pola experiencia acumulada na materia, os pasos a seguir para a súa correcta tramitación nas oficinas correspondentes dentro da súa respectiva Administración, así como os estudos técnicos a desenvolver.
Dende ASTRON CONSULTORES, ofrecemos os nosos servizos, que consisten en:
· Estudo e asesoramento inicial sobre a posibilidade de obter algún apoio para as súas inversións.
· Localización das distintas Administraciones ou Organismos potencialmente subvencionadores para estudiar o maior retorno posible da inversión.
· Preparación técnica dos expedientes.
· Cumprimentación dos formularios e instancias de solicitude según os modelos normalizados.
· Presentación da solicitude completa ante o organismo outorgante nos prazos establecidos según a normativa vixente.
· Seguimento e defensa dos expedientes presentados e en contacto directo cos xestores do programa da axuda e subvención.
· Asesoramento e preparación dos expedientes de certificación de cara a xustificar a inversión e cumprimento de condicións.
· Xestións de cobro dos importes a percibir.