Todo proxecto ou obxectivo empresarial require un Plan previo e a Diagnose que describa a situación na que nos atopamos á hora de abordar dito proxecto. O noso obxectivo é coñecer a capacidade competitiva da empresa, en función da realidade empresarial en xeral, e da realidade do seu mercado e sector de actividade. Para iso empregamos a seguinte metodoloxía de traballo:
- Intercambio dos datos necesarios para coñecer a situación obxectiva e circunstancias que rodean a empresa.
– Análise interno da empresa, da súa actividade, das áreas de traballo, produtos e mercado.
– Análise do entorno xeral no que se move a empresa, a situación económica, etc.
– Posicionamento da empresa dentro do seu mercado de orixe, definición das vantaxes e desvantaxes fronte á competencia, clientes e proveedores.
– Definición do plan de acción ou mellora en función dos obxectivos previamente marcados.
|