Español |  English |  Galego  
 Consultoría Estratéxica  Solucións TIC  Clientes  Nosas oficinas  Eventos  Inicio   Area restrinxida  
 Solucións TIC
 Solucións colaborativas

Algunhas empresas están reaccionando moi lentamente á implementación das tecnoloxías de colaboración, porque lles parece que o tempo, os recursos e os coñecementos que se necesitan están fóra do seu alcance, especialmente as pymes. Outras empresas atópanse con solucións incompletas, que non satisfacen as súas necesidades de desenvolvemento de produtos complexos.

 

As novas solucións colaborativas para a xestión integral da empresa cambian radicalmente o panorama, proporcionando ferramentas axeitadas e económicas que permiten unha rápida implementación. ASTRON CONSULTORES dispón da necesaria metodoloxía para converter a súa estratexia en realidade, e as súas ideas en resultados económicos.

 

Ao implementar as tecnoloxías de integración de aplicacións, a idea é conseguir que a empresa sexa máis eficaz, máis rentable, máis facilmente accesible a un mellor socio comercial para os que se relacionan con ela.

 

ASTRON CONSULTORES proporciona un marco de traballo que conduce á integración do negocio dende o punto de vista da tecnoloxía, e ofrece uns sistemas de información que consideren a forma de traballar das novas organizacións, adaptándose aos seus procesos e fluxo de traballo, proporcionando vantaxes reais de negocio.

 

 

 

Solicitar más información
 Solucións TIC
    E-business
    Solucións colaborativas
    Desenvolvementos específicos e adaptados