A introdución das Novas Tecnoloxías e Internet afectan directamente á estratexia dunha compañía, polo que, froito da nosa inquietude innovadora, e para dar maior e mellor servizo aos nosos clientes, no ano 2000 surxe a creación dun Departamento TIC.
Actualmente esta actividade constitue unha empresa coa estrutura e desenvolvemento propio, que centra o seu traballo na consultoría tecnolóxica e a mellora da xestión, como plantexamento fundamental nos labores de consultoría tradicional, co desenvolvemento de aplicacións propias ou estandarizadas que axudan aos nosos clientes a ser máis competitivos.
O correcto uso das Novas Tecnoloxías e Internet permite obter vantaxes competitivas, por iso a integración dentro da estratexia da organización é moi importante e require dos coñecementos e experiencia necesarios, tanto nas áreas de estratexia, como de tecnoloxía e xestión do cambio.
A través de proxectos específicos, desenvolvidos a medida en función das necesidades de cada cliente, podemos identificar novas oportunidades de negocio, e crear vantaxes competitivas sostibles, a través da correcta xestión das Novas Tecnoloxías e Internet.
|